Lingua galaica

Galaico
Falado en: Gallaecia
Total de falantes: Lingua morta
Familia: Indoeuropea
 Celta
  Celta continental
   Hispanocelta
    Galaico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O galaico,[1] tamén coñecido como hispanocelta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q)[2][3] ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falada a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da Península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida.[4][5] Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.[6]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galaico.
  2. Prósper, B. M. (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 422–427. ISBN 84-7800-818-7. 
  3. Villar F., B. M. Prósper. (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 333-350. ISBN 84-7800-530-7.
  4. "The Celts in the Iberian Peninsula: Celtiberian" Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine., artigo de Carlos Jordán Cólera en e-Keltoi vol. 6, 16 de marzo de 2007 páx. 749–750 (en inglés).
  5. Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 481. 
  6. Palabras do galego, como crica, do protocelta *kīkwā ("suco"), laxe, do proto-celta *(p)lagēnā ("punta de lanza"), leira, do proto-celta *(p)lāryo- ("piso", "chan"), ou alboio, do proto-celta *(p)are-bowyo-.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search